Android achega emisións Auracast a audiófonos con Bluetooth
xoves, 13 de marzo do 2025
Para as persoas que usan audiófonos, a imposibilidade de transmitir directamente a estes dispositivos pode excluÃlas ou crear barreiras para acceder a información importante, xa sexa nunha aula, unha estación de tren ou un concerto, e para salvar tal eiva Android admite Auracast, unha nova tecnoloxÃa Bluetooth que permite que o teu teléfono estableza unha conexión directa entre os audiófonos e as emisións de audio en lugares públicos e con moita xente.
Isto tamén significa que os axustes predefinidos dos audiófonos, dispoñibles na configuración do teléfono, poden aplicarse comodamente ás emisións para personalizar a experiencia segundo a audición de cadaquén.
Para usar Auracast, podemos emparellar os audiófonos compatibles con LE Audio de marcas como GN Hearing e Starkey con dispositivos Samsung Galaxy con One UI 7 e Android 15 ou con dispositivos Pixel 9 que executen a beta de Android 16, e sintonizar as emisións Auracast de transmisores de TV compatibles ou lugares públicos.