Android esixirá a verificación dos desenvolvedores de aplicacións
martes, 26 de agosto do 2025
Google anunciou unha nova capa de seguridade para os dispositivos Android certificados que botará a andar en 2026 co obxectivo de aumentar a responsabilidade dos desenvolvedores e dificultar a acción de actores maliciosos que empregan aplicacións falsas para difundir malware, roubar datos financeiros ou suplantar marcas.
A medida consiste en esixir que todas as aplicacións instaladas en dispositivos Android certificados estean rexistradas por desenvolvedores verificados. Esta identificación comproba quen é o desenvolvedor, pero non revisa o contido da aplicación nin a súa procedencia.
O proxecto aplicarase primeiro en paÃses especialmente afectados por este tipo de fraudes, como Brasil, Indonesia, Singapur e Tailandia, onde entrará en vigor en setembro de 2026. A partir de 2027 estenderase progresivamente ao resto do mundo.
Para facilitar a adaptación, Google creará unha nova Android Developer Console dirixida a quen distribúe aplicacións fóra de Google Play, cunha variante especÃfica para estudantes e afeccionados. Os desenvolvedores que xa publican en Google Play xa teñen cuberto este requisito a través da Play Console.
O calendario establece que o acceso anticipado comezará en outubro de 2025, a apertura xeral da verificación en marzo de 2026 e a entrada en vigor das novas obrigas en setembro dese mesmo ano nos primeiros paÃses seleccionados. Google insiste en que os desenvolvedores seguirán tendo liberdade para distribuÃr aplicacións mediante sideloading ou en calquera tenda alternativa, mais cunha base mÃnima de responsabilidade que, segundo a compañÃa, permite demostrar que «aberto e seguro poden ir da man».
