Android preguntará aos usuarios europeos polo navegador web e buscador a empregar
mércores, 20 de marzo do 2019
Como consecuencia á sanción
que a Comisión Europea impuxo a Google polo seu abuso de posición dominante en
Android, temos agora un comunicado da compañÃa de Mountain View no que
lembran como mudaron o modelo de licenzas de Android para adaptarse ás
esixencias comunitarias e anuncian que, para que os usuarios sexan máis
conscientes da posibilidade de empregar buscadores distintos a Google e
navegadores distintos a Chrome, preguntarán
aos consumidores europeos polos que prefiren empregar nos seus novos
dispositivos.
Temos asà que, aÃnda que a posibilidade de instalar outros navegadores e
buscadores sempre estivo presente, non se deixe tal posibilidade só en mans do
consumidor (que en moitos casos descoñece a existencia de alternativas) e vaia
procederse a unha solución semellante á adoptada por Microsoft en 2010, cando incorporaron a
Windows unha pantalla de selección de navegador (medida que non parecÃa xustificada,
xa que nese momento Internet Explorer estaba moi lonxe de ser un navegador web
maioritario, con Chrome e Firefox tendo unha posición de mercado superior).