Android prepara novas medidas de seguridade fronte aos calotes
mércores, 14 de maio do 2025
Android vén de reforzar o seu compromiso coa seguridade coa incorporación de novas medidas destinadas a combater estafas, fraudes e roubos de dispositivos. Estas funcións, que se distribuirán mediante actualizacións de sistema e de Google Play Services, amplÃan a protección xa existente, colocando o foco especialmente nos ataques máis sofisticados e personalizados.
Un dos ámbitos nos que Android introduce novidades é na protección durante as chamadas telefónicas. A investigación realizada pola compañÃa revela que os estafadores adoitan empregar técnicas de manipulación para que os usuarios modifiquen axustes sensibles do dispositivo ou outorguen permisos perigosos a determinadas aplicacións. Para frear estes intentos, o sistema bloquea accións como a desactivación de Google Play Protect, a instalación de aplicacións móbiles desde fontes non verificadas ou a concesión de permisos de accesibilidade durante conversas con números descoñecidos. Ademais, se se está compartindo pantalla durante a chamada, Android recomendará interromper esa compartición unha vez rematada a conversa.
Nun intento por frear as estafas vinculadas ás entidades bancarias, Android está a poñer en marcha (inicialmente no Reino Unido) unha proba piloto que activa alertas cando un usuario abre unha aplicación bancaria mentres mantén unha videollamada con alguén que non figura na súa axenda. A idea é impedir que os estafadores, facéndose pasar por persoal de bancos ou administracións públicas, manipulen o usuario para realizar transferencias ou outras accións comprometedoras.
Outra das frontes nas que se avanza é a detección de estafas por mensaxerÃa. Google Messages incorporou recentemente un sistema baseado en intelixencia artificial que analiza en tempo real os padróns das conversas. Esta funcionalidade, que mantén os datos no dispositivo e non compromete a privacidade, foi mellorada para recoñecer fraudes cada vez máis sofisticados, como os relacionados con criptomoedas, falsas multas, suplantacións de identidade ou premios inexistentes.
Para evitar a suplantación de contactos, Android introducirá este verán Key Verifier, unha ferramenta que permite verificar mediante claves públicas se a persoa coa que se mantén unha conversa cifrada é quen di ser. Se, por exemplo, alguén clona un número a través dun ataque por intercambio de SIM, o sistema poderá advertir de que ese contacto xa non está verificado, indicando que poderÃa tratarse dunha conta comprometida.
As melloras tamén chegan ás funcións de protección fronte ao roubo fÃsico. Ademais de manter o dispositivo bloqueado durante máis de 48 horas no caso de detección de roubo, Android incorporará restricións máis severas aos restablecementos de fábrica non autorizados, preguntas de seguridade para o control remoto do bloqueo e a ocultación dos códigos dun só uso recibidos por mensaxe cando o teléfono estea bloqueado.
Para os usuarios máis expostos a riscos especÃficos, como xornalistas ou cargos públicos, Android 16 amplÃa o Advanced Protection Program, ofrecendo a posibilidade de activar opcións avanzadas de seguridade a nivel de dispositivo que protexen fronte a ataques dirixidos e tentativas de espionaxe.
Finalmente, Google Play Protect tamén se volve máis robusto. Este sistema, que xa analiza aplicacións antes da súa instalación, será capaz agora de detectar cambios maliciosos nas iconas das aplicacións e recoñecer padróns de texto e código asociados a malware, bloqueando as instalacións mesmo antes de que se completen. Estas capacidades baseadas en aprendizaxe automática iranse actualizando de forma frecuente para adaptarse a novas ameazas.
Con esta baterÃa de medidas, Android reafirma a súa estratexia de seguridade continua, apoiada tanto en novas versións do sistema operativo como en melloras silenciosas a través de Google Play, co obxectivo de garantir unha experiencia móbil máis segura fronte aos perigos en constante evolución.
