Android recibirá ports de xogos de Amiga a partir de finais de ano

mércores, 24 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Ordenador Commodore Amiga na feira RetroCoruña

Hai unhas semanas a Writers’ Group Film Corp adquiriu Amiga Games, e agora anuncian que esta subsidiaria dedicada ao mundo dos videoxogos vén de conseguir a aprobación para publicar os seus títulos en Google Play, de xeito que de cara ao Nadal teñen previsto comezar a editar para dispositivos con sistema operativo Android unha serie de xogos clásicos de Amiga adaptados para poder executarse en dispositivos móbiles.
Amiga Games conta cun catálogo de máis de 300 títulos que poderán chegar agora a smartphones e tablets para goce dos xogadores retro que queiran lembrar xogos clásicos pese a non conservar un ordenador Commodore Amiga operativo ou, simplemente, para poder recuperar tal experiencia de xogo en mobilidade.

PUBLICIDADE