Angry Birds Fight! prepara a súa chegada a Asia
luns, 27 de abril do 2015
Equilibrar os sistemas free-to-play
para poder manter a unha enorme masa de usuarios enganchados, levando a que un grupo reducido pague por contidos que
fagan sustentable o produto, é todo un reto, e para afrontando empresas como
Rovio optan por lanzar os seus tÃtulos por fases, de xeito que as súas primeiras
versións quedan limitadas a uns poucos paÃses, de xeito que cando se produza a
estrea global o xogo estea pulido e consiga ter unha boa aceptación sen
frustrar aos usuario. Esta fórmula é a que están a empregar con Angry
Birds Fight!, o último xogo dos paxaros
anoxados que está previsto que chegue ao noso mercado a comezos do verán, e
que o
vindeiro 7 de maio ampliará os paÃses nos que está dispoñible para chegar a
boa parte de Asia, onde esperan que sexa moi ben acollido.
AÃnda que tardaremos aÃnda bastantes semanas en velo en España nas súas
versións para iOS e Android, podemos adiantar que estamos ante unha volta de
rosca dos xogos tipo Shariki (como Bejeweled ou incluso Candy Crush Saga), no que as pezas de
cores que temos que combinar teñen a aparencia dos Angry Birds, servindo as partidas nas que combinamos pezas nun
sistema para acumular puntos para combates nos que nos enfrontaremos a
numerosos inimigos entre os que boa parte son outros xogadores conectados a
través da Internet que teñan un nivel semellante ao noso.
No xogo hai que ir conquistando territorios, equipando personaxes e subÃndoos
de nivel, para asà conseguir progresar nunha aventura que promete moitas horas
de diversión de balde, aÃnda que sempre haberá que pague para poder progresar a
maior velocidade.
- Angry Birds Fight! é un xogo na liña do célebre Candy Crush Saga
Novo trailer de Angry Birds Fight! no que podemos ver o xogo en acción