Angry Birds Rio estrea o seu terceiro episodio
venres, 13 de maio do 2011
- Imaxe da versión para iPhone de Angry Birds Rio
As entregas
para iPhone/iPod Touch e para
iPad do xogo Angry Birds Rio,
veñen de actualizarse á versión 1.1.0, o que supón a incorporación dun terceiro
capítulo chamado Beach Volley que
inclúe 30 novos niveis e 15 novas froitas agochadas, incrementando a diversión
deste título que fixo historia ao mesturar un videoxogo para dispositivos
móbiles cunha película de animación.
Os usuarios con terminais con Android poden
acceder xa ao xogo dende a Amazon Appstore (ou sexa, só dende Estados Unidos),
mentres que a actualización do xogo debería de chegar en
poucas horas ao Android Market, polo que esta plataforma continuaría a ter
de balde este popular xogo cos novos niveis que se van incorporando ao mesmo
paulatinamente.
- Angry Birds Rio HD é a versión do xogo con mellores gráficos por aproveitar a resolución de pantalla do iPad