Angry Birds Rio estréase na App Store con numerosas novidades

luns, 21 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Adiantándose á estrea de Rio, o xogo que mestura o universo dos paxaros anoxados de Rovio co da película da 20th Century Fox xa está dispoñible na App Store, de xeito que xa é unha realidade esta primeira entrega que inclúe 2 episodios do xogo con 60 niveis e numerosas sorpresas.
O xogo, pese a conservar a mecánica de Angry Birds e Angry Birds Seasons, ten unha diferenza significativa: os inimigos non son os malvados porcos verdes que secuestran os ovos dos nosos paxaros, senón que nun primeiro episodio (Smuggler’s Den) deberemos rachar gaiolas nas que hai paxaros atrapados (para así liberalos) e no segundo episodio (Jungle Escape)deberemos rematar cos macacos que poboan os distintos niveis, coa sorpresa de rematar o episodio cun inimigo final (algo inédito nesta franquía).
Aínda que 60 niveis poden parecer poucos, os responsables do xogo xa teñen programados novos episodios para os meses de maio, xullo, outubro e novembro, facendo que a relación prezo/diversión no xogo resulte ridículo comparándoo ao resto de videoxogos que hai no mercado (lembremos que estamos ante un título que véndese a 0,79 euros).

No segundo episodio do xogo haberá que derrotar a numerosos macacos e a un inimigo final

PUBLICIDADE