Angry Birds Seasons para iOS ofértase de balde durante esta semana
venres, 6 de xullo do 2012
Tras o éxito da primeira entrega de Angry Birds, chegou a súa versión Angry Birds Seasons, que cada poucos meses aledaba aos seus
compradores con actualizacións temáticas relativas ás distintas épocas do ano
como Halloween, Pascua, Nadal, o Día de San Patricio, o Aninovo chinés ou o
verán, sumando máis de 290 niveis, polo que converteuse nunha das mellores
compras para usuarios de dispositivos con iOS, pero durante os vindeiros 7 días
esta oferta é aínda mellor, pois o Angry
Birds Seasons para iPod Touch e iPhone
e a súa versión
para iPad están estes días en promoción, podendo adquirirse de balde.
Un dos motivos desta oferta por tempo limitado podería estar no feito de que
nas vindeiras semanas Rovio vai estrear o xogo Amazing Alex, do que inclúen publicidade no xogo dos paxaros
anoxados.
Cómpre lembrar que aínda que a oferta deste xogo sexa só durante unha semana,
unha vez adquirido terase acceso ás súas actualizacións sucesivas de balde.
- O xogo aínda recibiu hai poucas semanas a súa actualización de verán con novos niveis