Angry Birds Star Wars II permitirá introducir no xogo personaxes de figuras coleccionables

luns, 15 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Rovio anunciou hoxe que a súa saga Angry Birds Star Wars estreará secuela o 19 de setembro, abordando a triloxía que serviu de precuela das películas orixinais de Star Wars, permitindo xogar con máis de 30 personaxes, o que desta volta poderá facerse dun xeito totalmente novo pois, aparte da mecánica de xogo habitual, Rovio chegou a un acordo coa empresa de xoguetes Hasbro para distribuír figuras dos personaxes mencionados, que responderán ao nome de TELEPODS e que poderán escanearse para teletransportarse directamente dentro do xogo, como un xeito de selección ao voo.
Para facernos unha idea do que será Angry Birds Star Wars II estrearon hoxe un vídeo no que poden verse algúns TELEPODS, no que parece unha aposta de Rovio para emular o éxito de Skylanders (xogo no que os personaxes tamén poden coleccionarse no mundo real) como tamén está a facer a Disney, que o vindeiro 20 de agosto porá á venda Disney INFINITY.

Angry Birds Star Wars II fará uso dos TELEPODS para introducir personaxes no xogo ao voo


Trailer de presentación de Angry Birds Star Wars II