Angry Birds: Star Wars chegará a consolas de videoxogos
xoves, 18 de xullo do 2013- A nova versión do xogo chegará o 29 de outubro a EE.UU. e o 1 de novembro a Europa
O xogo
Angry Birds: Star Wars leva dende novembro
de 2012 dando guerra en numerosas plataformas, estando incluso nos últimos
días a poder adquirirse de balde nas súas
versións para iOS para celebrar o 5º aniversario da App Store e a anunciar
que vai
contar con secuela en setembro, polo que dende Rovio quixeron aproveitar
este momento de grande actividade para desvelar que o 1 de novembro este título
que cruza aos seus paxaros anoxados coa saga galáctica creada por George Lucas
estará dispoñible para Xbox 360, PlayStation 3, Wii, Wii U e Nintendo 3DS.
O vicepresidente executivo de Rovio Entertainment, Jami Laes, asegura que “Angry Birds e Star Wars son dúas franquías
con millóns de seguidores en todo o mundo, estamos encantados do noso acordo
con Activision para facer posible a unión destas dúas recoñecidas franquías”.
A nova versión do xogo incluirá, aparte dos 22 escenarios do xogo para
dispositivos móbiles, outros 20 niveis exclusivos, e tamén contará cun modo
cooperativo para dous xogadores e un modo competitivo de ata 4 xogadores.
Tampouco lle faltarán logros/trofeos e táboas de puntuación en liña.
Trailer de presentación da adaptación de Angry Birds: Star Wars a consolas