Angry Birds: Star Wars e Angry Birds Space estrean versión para Windows Phone 7.5
luns, 10 de decembro do 2012
Co lanzamento de Angry
Birds: Star Wars destacouse o feito de que, aparte de contar con versións
do xogo para iOS, Android, PC e OS X, o xogo tamén estaba dispoñible para
Windows Phone 8, pero este sistema operativo apenas conta con terminais no
mercado (de feito, en España só está oficialmente á venda o HTC Windows Phone
8X, agardándose o resto de opcións para primeiros do ano que vén), e para
chegar a un público maior os de Rovio veñen de publicar versións para Windows
Phone 7.5 de Angry
Birds: Star Wars e Angry
Birds Space, que están á venda por 0,99 euros cada unha, e que deste
xeito están dispoñibles para numerosos móbiles con Windows Phone no mercado
como os Lumia 710, 800 e 900 (que gozan dunha presenza considerable dentro
deste tipo de dispositivos) e incluso poderÃan
chegar no futuro aos Lumia 610 e 510 (terminais que inicialmente quedan
fóra por contar só con 256 Mbytes de RAM, o que limita varias das súas
prestacións).
- Os últimos xogos de Rovio están agora tamén dispoñibles para Windows Phone 7.5