Angry Birds Transformers inicia o seu lanzamento en Finlandia e Nova Zelandia

venres, 26 de setembro do 2014 Marcus Fernández

A franquía de Angry Birds continúa a medrar e a fusionarse con outras marcas explorando novos xéneros, e desta volta Rovio mestura os seus paxaros anoxados cos Transformers, nun xogo que dende onte pode descargarse na súa versión para iOS dende Finlandia e Nova Zelandia, para poder probar o seu funcionamento antes da súa estrea global o 15 de outubro. A versión para Android tamén farase agardar un chisco máis, e non verá a luz en Google Play até o 30 de outubro e na Amazon Appstore até o 5 de novembro.
Angry Birds Transformers é un título de acción en tres dimensións que entraría no xénero dos shoot’em up, ou sexa, un xogo de tiros, no que os Autobirds e os Deceptihogs (parodias dos Autobots e os Decepticons) teñen que xuntar forzas para salvar a Piggy Island da destrución causada pola EggSpark, que transforma os ovos en robots (EggBots) que están a causar grandes estragos. O xogo é de balde e inclúe compras dentro da aplicación.


Podemos ver o xogo en acción no seu último trailer

PUBLICIDADE