Animal Crossing estrea xogo móbil
martes, 21 de novembro do 2017
Nintendo
anunciou
o mes pasado que antes de rematar o presente mes teriamos en iOS e Android
o seu novo xogo móbil, Animal Crossing: Pocket Camp,
e finalmente está aquí, podendo descargarse
de balde da App Store e de
Google Play, de xeito que as súas funcionalidades básicas estarán dispoñibles
de balde, aínda que para desbloquear certos elementos poderemos empregar billetes folla que poderanse conseguir
de balde ou pagarse con cartos reais, polo que compre revisar a configuración
do smartphone ou tableta se os menores van gozar deste tipo de xogo se non
queremos desagradables sorpresas.
O xogo convídanos a vivir a experiencia dunha acampada en plena natureza e en
boa compaña, para o que teremos que xestionar unha parcela de acampada, na que
colocar diferentes obxectos e na que poder convidar a outros campistas,
converténdose nun animado punto de encontro.
En Animal Crossing: Pocket Camp pode
personalizarse a nosa autocaravana, que serve tamén para visitar as parcelas
dos amigos ou explorar áreas recreativas para coñecer a outros campistas aos
que poder axudar facéndolle recados (como colleitar froita) para recibir
compensacións a cambio (como materiais artesanais). Co material que se vai
conseguindo poderanse crear obxectos e instalacións, para conseguir configurar a
parcela dos nosos soños e compartila cos amigos que vaiamos facendo neste xogo móbil
con coidados aspectos gráficos e sonoros que busca trunfar onde fracasou Super Mario Run ao adoptar un modelo de
negocio pouco afortunado.
Tráiler de Animal Crossing: Pocket Camp