Anker presenta novos cargadores portátiles na feira IFA
xoves, 5 de setembro do 2024
Entre os dÃas 6 e 10 de setembro ten lugar en BerlÃn unha nova edición da feira IFA, e moitos fabricantes aproveitan a ocasión para amosar os seus vindeiros lanzamentos, como é o caso de Anker, compañÃa que prepara varios dispositivos de carga bastante interesantes, entre os que chama especialmente a atención a nova base de carga portátil MagGo 3 en 1.
Falamos dunha fita que une tres elementos de carga sen fÃos facilitando o seu transporte. Concretamente incorpora un cargador Qi 2 de 15 watts nun extremo, un cargador de 5 watts para Apple Watch no outro, e un cargador Qi de 5 watts no medio (contando este último cunha entrada de corrente USB-C.
Deste xeito podemos ter un cargador que pode transportarse ocupando moi pouco espazo, pero que permite a carga sen fÃos de varios dispositivos á vez, como poderÃan ser un iPhone, o estoxo duns auriculares e un Apple Watch.
Precisamente pensando na carga do Apple Watch tamén resulta rechamante a última baterÃa portátil de Anker, a 30W MagGo, que semella unha actualización da actual baterÃa externa 3-en-1 de Anker á que lle engadiron unha pequena base de carga retráctil para Apple Watch, converténdose nun produto moi atractivo para usuarios do reloxo de Apple, pois asà evÃtase ter que empregar adaptadores adicionais para poder cargalo en mobilidade.
- O novo cargador 30W MagGo resulta moi práctico para usuarios dun Apple Watch