Anker presenta un cargador compacto de 100 watts
venres, 6 de setembro do 2024
Dende que os portos USB-C se converteron nun estándar para a carga de multitude de dispositivos conseguiron certo protagonismo os cargadores, non só polo feito de que non están incluídos con boa parte dos trebellos, senón polo feito de que cada vez son máis versátiles, servido para cargar accesorios, móbiles e incluso ordenadores portátiles, o que fai precisamente que capte bastante atención o Anker Nano Charger de 100 watts que sairá á venda a finais de mes.
Este cargador compacto que xa se pode reservar nos EE.UU. a un prezo de 44,99 dólares (en Europa previsiblemente custará 49,99 euros) destaca por aproveitar ao máximo as virtudes do cargadores de nitruro de galio, o que permite que cun tamaño semellante ao estoxo duns auriculares (mide 60 x 41 x 29 milímetros) poida subministrar carga a un portátil (sería capaz de completar o 50% da carga dun MacBook Pro de 14 polgadas en só 27 minutos).
Temos aquí un cargador que tanto pode servir para aproveitar a carga rápida de dispositivos móbiles como para cargar equipos informáticos, polo que resulta moi práctico para empregalo en desprazamentos, xa que cun único accesorio poden cargarse varios dispositivos, e sen ter que transportar un voluminoso adaptador de corrente.
- O adaptador de corrente inclúe un cable USB-C