Anthropic amplÃa a capacidade de Claude cun acordo de computación con SpaceX
mércores, 6 de maio do 2026
Anthropic anunciou un incremento dos lÃmites de uso de Claude Code e da API de Claude tras pechar un acordo con SpaceX para empregar toda a capacidade do centro de datos Colossus 1, unha das infraestruturas de IA máis grandes do mundo. A compañÃa de IA asegura que esta nova capacidade permitirá mellorar directamente o servizo para os subscritores de Claude Pro e Claude Max.
Os cambios entran en vigor inmediatamente e inclúen a duplicación dos lÃmites de uso de Claude Code en franxas de cinco horas para os plans Pro, Max, Team e Enterprise por posto. Tamén desaparecen as reducións de lÃmites durante as horas punta para as contas Pro e Max, mentres que a API de Claude incrementa de maneira significativa os lÃmites de taxa para os modelos Claude Opus.
O acordo con SpaceX dá acceso a máis de 300 megawatts de capacidade adicional e a máis de 220.000 GPU de nVIDIA no prazo dun mes. Segundo detallou a compañÃa de Elon Musk, Colossus 1 integra aceleradores H100, H200 e GB200 de nova xeración para cargas de traballo de adestramento, inferencia e computación de alto rendemento orientadas a modelos lingüÃsticos e sistemas multimodais.
Anthropic suma este movemento a outros grandes acordos de infraestrutura anunciados recentemente. Entre eles figura un compromiso de ata 5 gigawatts con Amazon, que prevé incorporar preto de 1 gigawatt de capacidade adicional antes de rematar 2026; outro acordo de 5 gigawatts con Google e Broadcom previsto para 2027; unha alianza estratéxica con Microsoft e nVIDIA valorada en 30.000 millóns de dólares en capacidade de Azure; e un investimento de 50.000 millóns de dólares en infraestrutura estadounidense xunto con Fluidstack.
Claude execútase actualmente sobre unha combinación de hardware AWS Trainium, TPU de Google e GPU de nVIDIA, mantendo unha estratexia diversificada para ampliar capacidade de cálculo.
O acordo tamén abre a porta a unha colaboración máis ambiciosa arredor da chamada computación orbital. Anthropic confirmou o seu interese en desenvolver con SpaceX infraestruturas de IA situadas no espazo con varios gigawatts de capacidade.
Segundo SpaceX, as necesidades enerxéticas e de refrixeración dos sistemas de IA avanzados están a medrar máis rápido do que poden asumir as infraestruturas terrestres nos prazos actuais.
A compañÃa aeroespacial sostén que a súa experiencia en lanzamentos e operacións orbitais permitirÃa converter a computación espacial nun proxecto de enxeñarÃa viable a curto prazo. SpaceX considera que, se se superan os desafÃos técnicos, a computación baseada no espazo poderÃa ofrecer acceso a enerxÃa practicamente ilimitada con menor impacto ambiental sobre a Terra.
Anthropic tamén avanzou que parte da expansión da súa infraestrutura será internacional. Apuntan que os seus clientes empresariais, especialmente nos sectores financeiro, sanitario e gobernamental, demandan cada vez máis capacidade localizada nas súas rexións para cumprir cos requisitos de residencia de datos e regulación. Neste sentido, a colaboración con Amazon inclúe novas capacidades de inferencia en Asia e Europa.
