Antonio Torrado ofrece este mércores en Vigo unha conferencia sobre IA

martes, 30 de maio do 2023 S. P.

Baixo o título FantasIA, realidade e riscos na Intelixencia artificial. Un punto de inflexión na historia da humanidade, o físico galego Antonio Torrado abordará a vindeira semana a relación entre humanos e Intelixencia Artificial. O Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) cita en Vigo o vindeiro mércores 31 de maio a todos aqueles que teñan curiosidade e interese polas tecnoloxías con capacidade de procesar información, analizala, entendela e comunicarse.
O físico galego e socio director da área de Big Data & Advanced Analytics de SDG Group. Estará no ICOIIG de Vigo para abordar temas actuais como os medos derivados do uso de dispositivos dotados de IA nas nosas vidas. Tamén falará do por que a IA representa unha oportunidade para o avance da sociedade e a resolución de moitos retos e, en concreto, por que Galicia ten un papel protagonista neste ámbito.
En definitiva, o uso responsábel e creativo da Intelixencia Artificial (a primeira tecnoloxía que ten a capacidade de mellorarse a si mesma en base á aprendizaxe) estará no foco do debate.
A cita é este mércores 31 de maio de 2023 ás 19:30 horas. Con formato presencial, desenvolverase na delegación de Vigo do ICOIIG (avenida Camelias 2).

PUBLICIDADE