Anuncian Chromebooks orientados ao xogo na nube
martes, 11 de outubro do 2022
Nun momento no que están a preparar o cesamento do servizo de
xogo na nube Stadia, Google
sorprende anunciando os primeiros Chromebooks preparados para gozar do xogo na
nube. Os novos portátiles de Acer, Asus e Lenovo estarÃan preparados para
gozar dos xogos a través do servizo GeForce NOW de nVIDIA, do Xbox Cloud Gaming
de Microsoft e do emerxente Amazon Luna, de xeito que poderÃan achegar unha
experiencia próxima aos xogos de ordenador e consola en potentes equipos, pero
en ordenadores modestos que poden primar factores como a seguridade e a
autonomÃa. Tamén aseguran que estes equipos serán compatibles cunha chea de
accesorios de Acer, Corsair, HyperX, Lenovo e SteelSeries que locen a certificación
Works With Chromebook, conseguindo asà unha experiencia de xogo moi
rica.
Dos novos Chromebooks destacarÃa o Asus Chromebook 516 GE, equipo convertible
cun procesador Intel Core i5, 8 GB de RAM pantalla Full HD de 144 Hz, Wi-Fi 6 e
altofalantes Harmon Kardon; mentres que o Asus Chromebook Vibe CX55 Flip e o
Lenovo Ideapad Gaming Chromebook contarÃan con pantallas WQXGA de 120 Hz, o que
segue a ser máis que suficiente para unha magnÃfica experiencia de xogo. Todos
estes equipos son capaces de correr xogos a 120 imaxes por segundo cunha
latencia de entrada por debaixo dos 85 milisegundos.
VÃdeo no que presentan os novos Chromebooks preparados para o xogo na nube