Anuncian Lips: Canta en Español

venres, 25 de setembro do 2009 Marcus Fernández

O vindeiro 23 de outubro chegará ás tendas españolas o xogo de karaoke para a Xbox 360 Lips: Number One Hits, pero non será o único título desta franquía que veremos antes do Nadal, senón que aproximadamente un mes despois chegará tamén Lips: Canta en Español, título no que incluirán 35 éxitos musicais (xunto con 5 temas descargables de balde) coma Colgado en tus manos (Carlos Baute e Marta Sánchez), Física o química (Despistaos), Ni una sola palabra (Paulina Rubio), Por la boca vive el pez (Fito y los Fitipaldis), Amores de Barra (Ella Baila Sola), So Payaso (Extermoduro), Nada que perder (Conchita), ¿Por qué te vas? (Jeanette), Entre dos tierras (Héroes del Silencio) e Sígueme (Manuel Carrasco).

PUBLICIDADE