Anuncian a creación dunha Rede transfronteiriza para a computación distribuída e a supercomputación

luns, 14 de maio do 2007 Marcus Fernández

A ministra de Educación e Ciencia, Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo, e o seu homólogo portugués, José Mariano Gago, anunciaron a creación unha potente infraestrutura conxunta entre Galicia e Portugal en materia de computación distribuída GRID e de supercomputación.
O anuncio realizouse durante a primeira edición da Conferencia Ibérica IBERGRID que se celebra no Pazo de Congresos de Santiago (coa organización do Centro de Supercomputación de Galicia) e que continuará ata o vindeiro mércores, e que se pode seguir en directo a través da Rede.
A Axencia Galega de Noticias cubriu o evento de presentación do plan de colaboración hispano-portugués de xeito videográfico: