Anuncian dúas novas entregas de Tomb Raider
venres, 12 de decembro do 2025
Crystal Dynamics e Amazon Game Studios anunciaron no marco dos Game Awards 2025 dúas producións que marcarán o futuro da icónica arqueóloga Lara Croft. Tomb Raider: Legacy of Atlantis verá a luz en 2026, coincidindo co 30º aniversario da saga, mentres que Tomb Raider: Catalyst chegará en 2027 como a aventura máis ambiciosa de Lara Croft ata o momento.
Legacy of Atlantis preséntase como unha reinterpretación do tÃtulo orixinal de 1996, desenvolvida con Unreal Engine 5 e en colaboración con Flying Wild Hog.
O xogo recupera a procura do Scion, un artefacto de poder incalculable, e leva a protagonista por escenarios que van das selvas peruanas ás ruÃnas gregas, pasando polos desertos exipcios e unha misteriosa illa mediterránea. A proposta busca honrar os orixes da franquÃa ao tempo que introduce mecánicas modernizadas, gráficos renovados e novas sorpresas para veteranos e novos xogadores.
Catalyst, pola súa banda, sitúa a acción no norte da India, onde un cataclismo mÃtico libera forzas ancestrais e ameaza con alterar o equilibrio entre o mundo antigo e o moderno. Lara deberá decidir en quen confiar para impedir que cazatesouros rivais se apoderen dun segredo capaz de redefinir o futuro. O tÃtulo promete o maior mundo aberto da serie, con plataformas verticais, exploración profunda e un uso intensivo da tecnoloxÃa de aventura personalizada da heroÃna.
Ambos xogos estarán dispoñibles en PlayStation 5, Xbox Series X|S e PC, e contarán coa voz de Alix Wilton Regan para dar vida a unha Lara Croft renovada. A colaboración entre Amazon Game Studios e Crystal Dynamics consolida unha nova etapa para a saga, que non tiña lanzamentos principais desde Shadow of the Tomb Raider en 2018.
Con estas dúas entregas consecutivas, Tomb Raider busca reafirmar a súa relevancia cultural e expandir o mito de Lara Croft a unha nova xeración de xogadores, mantendo ao mesmo tempo a esencia que a converteu nunha das figuras máis recoñecibles da historia do videoxogo.
VÃdeo de presentación de Legacy of Atlantis
VÃdeo de adianto de Tomb Raider: Catalyst
