Anuncian novos xogos para Stadia
martes, 14 de xullo do 2020
Esta
tarde tivo lugar un novo
Stadia Connect, evento de presentación de novos xogos que chegarán a
plataforma de videoxogos por streaming de Google, estre os que destacan
os tÃtulos Outcasters (tÃtulo multixogador competitivo en liña ambientado
nun mundo de vinilo), Orcs Must Die! 3 (tower defense que estrea
hoxe mesmo a súa nova entrega en primicia en Stadia), Super Bomberman R
Online (xogo que chegará en primicia no outono ofrecendo a posibilidade de
botar partidas battle royale para até 64 xogadores), One Hand
Clapping (quebracabezas no que hai que cantar), NBA 2K21, Dead by
Daylight, a triloxÃa de Hitman, Serious Sam 4, Outriders
(shooter de rol cooperativo de Square Enix), WWE 2K Battlegrounds,
PGA Tour 2K21, Hello Neighbor e o xogo de samurais Sekiro:
Shadows Die Twice.
Non estamos precisamente ante anuncios especialmente importantes que vaian
disparar a popularidade da plataforma de xogo na nube de Google, pero se sumamos
o anuncio de acordos con Supermassive Games, Harmonix e Uppercut Games, temos
que Stadia aÃnda ten posibilidades para manter certo pulo nos vindeiros meses,
cando terá que facer fronte ao lanzamento dunha nova xeración de consolas de
videoxogos.
VÃdeo co Stadia Connect Ãntegro de hoxe