Anuncian o terceiro xogo de LEGO Batman

martes, 27 de maio do 2014 Marcus Fernández

O éxito das dúas primeiras entregas dos xogos de LEGO Batman provocou a súa inevitable reedición, e Warner Bros. Games anuncia hoxe LEGO Batman 3: Más Allá de Gotham, xogo que levará a Batman, Robin e outros populares superheroes do universo DC non só fóra da cidade de Gotham, senón incluso fóra do planeta terra, estando dispoñible no outono para Xbox One, Xbox 360, PlayStation 4, PlayStation 3, PlayStation Vita, Wii U, Nintendo 3DS e PC.
Neste novo título o defensor de Gotham unirá forzas con outros heroes para protexer o planeta da ameaza do malvado Brainiac, quen consegue miniaturizar o mundo para engadilo á súa colección de cidades embotelladas de todo o Universo, o que levará aos protagonistas a percorrer distintos mundos para conseguir aneis de enerxía que xuntos poidan frustrar os plans do coleccionista de mundos.

No xogo parecerán moitos integrantes da Liga da Xustiza como Cyborg

Neste xogo poderanse desbloquear máis de 150 personaxes de DC, incluíndo membros da Liga da Xustiza e incluso malvados como Killer Croc e Solomon Grundy, á vez que tamén visitaremos numerosas localizacións moi familiares, coma o satélite de vixilancia da Liga da Xustiza, a Batcova ou o Salón da Xustiza.
Como vén a ser habitual nos xogos da franquía LEGO (que acumulan unhas vendas superiores aos 100 millóns de unidades) teremos unhas mecánicas sinxelas, moitos obxectos que construír e moitas horas de xogo, converténdose en todo un divertimento do que gozarán tanto os veteranos coñecedores dos personaxes de DC ata os máis cativos.

Batman e Robin non só sairán de Gotham neste xogo, senón que incluso levarán as súas aventuras a outros planetas




Trailer de adianto de LEGO Batman: Más Allá de Gotham

PUBLICIDADE