Anuncian os Xogos con Gold de decembro

martes, 23 de novembro do 2021 Marcus Fernández

A listaxe de Xogos con Gold do mes de decembro vén de facerse pública, incluíndo unha selección de títulos que, sen ser grandes producións, poden resultar interesantes, especialmente no que se refire aos xogos para Xbox One, habitualmente maltratados nos Xogos con Gold, pero que en decembro incluirá o xogo de prisións de mundo aberto The Escapists 2 e o xogo de estratexia Tropico 5, entrega da célebre saga de simulación dunha ditadora que nesta edición inclúe tamén as expansións The Big Cheese e Hostile Takeover.
Nos xogos para Xbox 360 (retrocompatibles coas consolas posteriores) temos o xa clásico Orcs Must Die! e o shooter Insanely Twisted Shadow Planet, ambos títulos menores, pero desenvolvidos con bastante coidado polo detalle, polo que poden sorprender a quen non os xogase antes.

Tropico 5 é o título máis popular dos incluídos nos Xogos con Gold no mes de decembro

PUBLICIDADE