Anuncian os xogos de PlayStation Plus para o mes de xaneiro

mércores, 30 de decembro do 2015 Marcus Fernández

Os subscritores de PlayStation Plus recibirán novos xogos sen custo adicional a partires do vindeiro 5 de xaneiro, e Sony decidiu anunciar hoxe os que serían estes títulos, que no caso da PlayStation 3 inclúe un par de xogos de bastante peso, mentres que o resto de títulos son bastante máis discretos.
Así, os usuarios de PlayStation 4 terán que conformarse con Hardware: Rivals (xogo de tanques acoirazados que estréase na PS4 a través de PS Plus) e Grim Fandango: Remastered (aventura gráfica clásica que nos últimos meses chegou a practicamente todas as plataformas posibles e que está valorado en 14,99 euros).
Os xogos de PlayStation 3, pese a ter xa varios anos enriba, eran auténticos AAA no seu lanzamento, polo que serán ben recibidos por moitos dos que aínda están a xogar coa vella PS3. Serán Dragon Age: Origins (xogo de rol que deu pé a unha imporante saga e que actualmente véndese en oferta a 4,99 euros) e Medal of Honor Warfighter (shooter en primeira persoa que presenta combate operativo militar segredo e está valorado en 19,99 euros).
Para PS Vita os xogos que estarán dispoñibles serán o xogo independente español Nihilumbra (valorado en 8,99 euros) e Legends of War: Patton’s Campaign (xogo de guerra que combina rol e estratexia por quendas que está valorado en 29,99 euros).
Parece confirmarse unha vez máis o feito de que, fóra da campaña de Nadal e inicio de verán, a oferta de xogos incluídos en PlayStation Plus perde folgos.

Os subscritores de PS Plus con PS3 poderán gozar de Dragon Age: Origins en xaneiro

PUBLICIDADE