Anuncian un remake de Livingstone... Supongo

mércores, 25 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Comparación dos gráficos do <em>remake</em> e da versión orixinal de <em>Livingstone... Supongo</em> para Amstrad CPCNon son poucos os remakes de clásicos dos videoxogos que están anunciados para os vindeiros meses, aínda que os máis importantes corresponden a xogos de máquinas recreativas que adáptanse ás consolas de videoxogos actuais coma títulos descargables de pago, pero varios grupos de entusiastas altruístas tamén fan o propio con vellos xogos de ordenador, e actualízanos para facer máis digna a súa recuperación, coma é o caso do Livingstone… Supongo de Opera Soft lanzado en 1986 e que dende Retroworks imitan as escenas orixinais aumentando o nivel de detalle gráfico con 256 cores e animacións a 24 fotogramas por segundo.

O remake de La Abadía del Crimen contará con moitas novidades

Os desenvolvedores aseguran que o código do remake está bastante avanzado, pero non pasa o mesmo cos gráficos, polo que haberá que ter un chisco de paciencia para recuperar este clásico que poderá gozarse en equipos baixo Windows e Linux.
O mesmo grupo de desenvolvemento tamén anunciou o seu proxecto de renovación de La abadía del crimen, xogo desenvolvido inicialmente polo finado Paco Menéndez, e que xa contaba con remake, pero que desta volta contará con novos mapas, novos gráficos, son e xogabilidade mellorados, novas situacións… unha nova experiencia que agradecerán os que gozasen no seu día deste clásico considerado coma un dos mellores xogos españois de finais da década dos 80.

PUBLICIDADE