Anuncian un tablet chinés con Android 4.1 e pantalla Retina

luns, 24 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Dende China é habitual que nos chegue dispositivos baseados en Android a prezos moi reducidos, pero normalmente con carencias notables, aínda que de cando en vez sorpréndennos adoptando tecnoloxías que parecerían imposibles de acadar a prezos competitivos, como veñen de facer co novo tablet Cube U9GT5, que podería ter un prezo inferior aos 200 euros, contando cun procesador Cortex A9 de dobre núcleo a 1,6 GHz, 1 Gb de RAM e, especialmente, unha pantalla IPS de 9,7 polgadas cunha resolución de 2.048 x 1.536 píxeles, ou sexa, como a do novo iPad, o que normalmente non son capaces de replicar nin sequera grandes fabricantes asiáticos, de aí esta sorpresa.
Este novo tablet funcionaría con Android 4.1 e aínda non se detallou a súa data de lanzamento, aínda que é de agardar que non sexa doado de conseguir fóra de China.

PUBLICIDADE