Apalabrados chega á súa versión 2.0 con interesantes novidades
venres, 26 de xullo do 2013
O popular xogo multiplataforma de Etermax, Apalabrados,
estrea a súa versión
2.0 para iOS e para
Android, que incorpora unha importante novidade: os Extras. Este novo
apartado da aplicación inclúe funcionalidades que melloran a experiencia de
xogo aos seus usuarios como un dicionario (para poder consultar o significado
das palabras xogadas), a validación automática (para saber ao momento se as
palabras formadas son válidas e os puntos que darÃan sen ter que premer a
ningún botón antes) e unha bolsa de letras (que permitirá saber as letras que
quedan por repartir, para o que terán que pagar mediante moedas virtuais que
poden gañarse no xogo ou mercarse a través dunha tenda en liña integrada no
xogo).
Etermax tamén está a desenvolver un novo panel de amigos dende o que facilitar
o acceso aos seus chats, contará cun sistema de suxestión de novos contactos ou
opoñentes con semellantes puntuacións e número de partidas e incluso esperan
estrear antes de rematar o ano unha versión do xogo para televisores Smart TV
de Samsung.
O popular xogo de palabras cruzadas que tamén pode xogarse en galego grazas á colaboración
de Cilenis, tamén actualizou a súa versión
para Windows Phone, que levaba meses abandonada e con serias eivas que
parece que van camiño de corrixirse, o que parece ser consecuencia en boa
medida a que esta versión do xogo non está a ser desenvolvida internamente por
Etermax, senón por la empresa española WOP Digital, S.L.
- Entre as novidades de Apalabrados 2.0 destaca a posibilidade de consultar o dicionario dende a aplicación