Apalabrados chega finalmente a Windows Phone

mércores, 26 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Tal e como prometera Maximo Cavazzani, director de Etermax, durante a súa xira española hai preto dun par de meses, o popular xogo de palabras cruzadas Apalabrados chegou finalmente a Windows Phone, de xeito que os usuarios de terminais co sistema operativo móbil de Microsoft poden xa gozar deste divertido xogo que tamén está dispoñible para iOS, Android e Facebook, ampliando así a súa estratexia multiplataforma.
Aínda estamos ante unha primeira versión da aplicación que funciona tanto para Windows Phone 7.5 como Windows Phone 8, mantendo a mecánica de uso do resto de plataformas para as que está dispoñible, pero presentando aínda carencias (peches inesperados, ausencia de estatísticas, sen Live tile con notificacións...) que é de agardar que vaian arranxándose paulatinamente, pois cómpre destacar que estamos ante a estrea de Etermax nesta plataforma, o que non fan directamente, senón a través da compañía Top Digital, S.L.

Algunhas imaxes da nova versión móbil de Apalabrados

PUBLICIDADE