Apalabrados convértese en todo un fenómeno social
mércores, 1 de febreiro do 2012
Nos últimos meses algúns xogos para móbiles conseguiron
moita sona, como o Angry Birds ou o Plants vs Zombies, pero agora temos un
xogo para iOS e Android chamado Apalabrados que está a evolucionar
en fenómeno social, pois este tÃtulo que vén a ser unha versión do Scrabble (o xogo das palabras cruzadas)
para xogar en liña (ou sexa, contra outros xogadores reais) por quendas
asÃncronas (non é preciso que os xogadores estean conectados ao mesmo tempo) superou os 300.000
usuarios rexistrados e converteuse en todo un tema de
conversa nas redes sociais e foros nos que a xente comparte os seus nomes
de usuario para retar a outros xogadores.
Apalabrados é un xogo descargable
de balde da App Store (adaptado tanto para iPhone/iPod Touch como para iPad)
ou do
Android Market (onde tamén hai unha versión
sen publicidade que custa 1,43 euros), que permite enfrontarse en liña a
amigos e descoñecidos, inclúe salas de chat, soporta múltiples idiomas (inglés, francés, italiano,
alemán e español) e demostra que o pulo dos xogos sociais pode levarse a
dispositivos móbiles.
- Apalabrados está dispoñible tanto para iOS como para Android