Aparecen imaxes dun novo BlackBerry con teclado QWERTY

luns, 6 de maio do 2013 Marcus Fernández

Aínda que os terminais BlackBerry Q10 (os primeiros con teclado físico dotados do novo sistema operativo BlackBerry 10) aínda están a chegar ao mercado, hai que entender que estamos ante un dos dispositivos de alta gama da compañía canadense antes coñecida como RIM, e para chegar a un público máis amplo espérase que dentro duns meses poidamos ver dispositivos máis modestos como o BlackBerry R10, móbil do que están a filtrarse numerosas imaxes nos últimos días, e que parece distinguirse principalmente do seu irmán maior na calidade do seu acabado.
O BlackBerry R10 contaría cunha pantalla de 3,1 polgadas cunha resolución de 720 x 720 píxeles, 2 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno, cámara de 5 Mpíxeles, cámara frontal e batería de 1.800 mAh e o teclado QWERTY que parecen demandar a meirande parte dos vellos usuarios de BlackBerry, e que poderían atopar neste novo dispositivo unha boa liña continuista a seguir.

Nas imaxes filtradas incluso podemos ver o BlackBerry R10 en varias cores

PUBLICIDADE