Apple Arcade recibe 20 xogos novos
venres, 5 de maio do 2023
AÃnda que o
servizo de subscrición de xogos de Apple non conseguise a tracción que a compañÃa
de Cupertino desexarÃa, está lonxe de estar abandonado, superando
os 200 tÃtulos aos que se incorporan outros 20 entre os que hai algún xogo destacable.
O xogo máis importante que chega a Apple Arcade é, sen dúbida, TMNT
Splintered Fate, tÃtulo protagonizado polas Tartarugas Mutantes que
terán que cooperar enfrontándose a numerosos inimigos na procura do desaparecido
mestre Acha. Estamos ante un xogo con mecánica de roguelike, o que
resulta refrescante, xa que a meirande parte dos tÃtulos inspirados nesta
franquÃa optaban polo xénero dos beat’em up.
Como tÃtulos relevantes tamén podemos salientar LIMBO+ (unha
versión do cativador xogo de Playdead que convida a somerxernos en escenarios tenebrosos
mentres resolvemos distintos quebracabezas) e Temple Run+
(outra revisión de todo un xogo de referencia no que hai que correr o máximo
que se poida evitando obstáculos). Adicionalmente temos tamén os xogos Disney
SpellStruck, What the cart?, Cityscapes: Sim Builder, Chess
Universe+, Disney Coloring World+, Disney Getaway Blast+, Farming
Simulator 20+, Getting Over It+, Hill Climb Racing+¸ Iron
Marines+, Kingdom Two Crowns+, My Town Home – Family Games+, Octodad:
Dadliest Catch+, PPKP+, Snake.io+, Time Locker+ e Very
Little Nightmares+.
Lembremos que Apple Arcade
é un servizo que ten un custo mensual de 4,99 euros, está destinado a
dispositivos de Apple (móbiles, tabletas, ordenadores e incluso o Apple TV) e,
como grande vantaxe, ten que os seus xogos están completos, ou sexa, que carece
das microtransaccións que son actualmente tan habituais nos xogos e que poden chegar
a viciar as mecánicas de xogo ao promover pagar para avanzar.