Apple Intelligence poderÃa integrar Gemini en breve
luns, 24 de febreiro do 2025
Durante a presentación de Apple Intelligence o pasado mes de xuño, falouse da integración de ChatGPT para chegar a onde a IA de Apple non sexa capaz, deixando caer que esta posibilidade non se limitaba a unha colaboración con OpenAI, senón que no futuro estarÃa aberta a outras plataformas de intelixencia artificial, e agora o analista de Macrumors Aaron Perris desvela referencias no código de Apple á integración do Gemini de Google en Apple Intelligence.
Non parece que esta integración vaia facerse realidade en iOS 18.4 (actualmente en probas, por fin dispoñible en español dende España), pois a actualización de Apple Intelligence que chegará en abril vai chegar bastante coxa, xa que moitas das novidades que tiñan pensado incluÃr están a adiarse por atopar demasiados fallos como para ofrecelos ao público (o que prexudicarÃa a xa mala imaxe que está a dar a IA de Apple, pola súa lenta despregadura e funcionamento decepcionante). A principal carencia que presenta Apple Intelligence é que non se está a integrar onde terÃa maior impacto: en Siri. Levamos moitos anos confiando en que Siri mellore para deixar de ser unha mala broma, e Apple Intelligence era a baza que podÃa facer iso posible, pero, como moi cedo, a agardada renovación de Siri non chegará até iOS 18.5.