Apple Music chega aos altofalantes con Alexa

mércores, 21 de agosto do 2019 Marcus Fernández

O servizo de streaming musical de Apple non quere pecharse aos seus subscritores e, aínda que está optimizado para o seu uso dende os dispositivos móbiles de Apple e altofalantes como os HomePod, tamén conta con aplicación para Android e agora vén de abrirse en España tamén a altofalantes de terceiros, o que poden comprobar os posuidores dun altofalante Amazon Echo, que dende hai unhas horas poden gozar da skill de Alexa para poder gozar de Apple Music mediante ordes faladas. Esta funcionalidade tamén está dispoñible noutros altofalantes conectados que fan uso de Alexa como o Sonos One e o Sonos Beam.
Os usuarios de altofalantes con Alexa que estean subscritos a Apple Music poden agora reproducir as súas propias listaxes de reprodución, conseguir mesturas de Apple Music inspiradas nas cancións que máis escoiten, sintonizar a radio Beats 1 e escoitar listaxes de reprodución seleccionadas para cada ocasión.

PUBLICIDADE