Apple TV complementa o seu último éxito cun extracto dun libro ficticio
luns, 17 de novembro do 2025
Apple, tirando proveito das posibilidades do transmedia, decidiu acompañar a estrea da nova serie apocalÃptica de Vince Gilligan, Pluribus, cunha acción promocional singular: a publicación dixital dun fragmento da novela ficticia Bloodsong of Wycaro, escrita pola personaxe Carol Sturka, interpretada por Rhea Seehorn. O texto, dispoñible en Apple Books, inclúe un capÃtulo de once páxinas do cuarto volume da saga e unha carta exclusiva da autora.
Na propia serie, estreada o 7 de novembro en Apple TV, a escritora Carol amosa un profundo desdén polo éxito da súa saga, comparándoa cun «mal episodio de Star Trek». A personaxe revela ademais que o protagonista masculino Raban fora concibido inicialmente como muller, inspirado na súa parella Helen, interpretada por Miriam Shor. Gilligan explicou que, malia as queixas, Carol «ama aos seus fans, pero en canto remata un evento como unha sinatura de libros só quere un Manhattan e silencio».
A acción lembra a outro xesto promocional de Apple, que xa lanzara en febreiro o manual ficticio The You You Are, vinculado á serie Severance. Agora, con Pluribus, a compañÃa reforza a inmersión dos espectadores nun universo onde só doce persoas na Terra son inmunes a un virus extraterrestre que transforma o resto da humanidade nunha mente colectiva optimista.
Gilligan, tras o final de Better Call Saul en 2022, reivindica con este proxecto a necesidade de crear historias novas nun mercado dominado por reboots e franquÃas.
