Apple Vision Pro segue lonxe de cumprir expectativas
venres, 16 de maio do 2025
The Wall Street Journal recolle nun artigo que moitos dos primeiros compradores de Apple Vision Pro, un dispositivo de realidade mixta que custaba a partir de 3.500 dólares nos EE.UU. (e de 4 mil euros en Europa), aseguran agora que se arrepinten da compra. A promesa inicial de vivir unha experiencia tecnolóxica revolucionaria foi eclipsada por problemas prácticos: o peso excesivo, a escaseza de aplicacións e a incomodidade social ao usalo en público.
Dustin Fox, axente inmobiliario de Virxinia, só utilizou o visor catro veces. «É demasiado pesado, faime dano no pescozo», di. Agora repousa nunha caixa con outros trebellos esquecidos. O mesmo lle ocorre a Tovia Goldstein, que non o toca desde hai catro meses: «Precisas sacalo despois dunha hora, e tardo tres minutos só en conectalo».
O analista Anshel Sag tentou empregalo nos avións, pero os comentarios incómodos dos pasaxeiros e o tamaño do estoxo disuadÃrono. Anthony Racaniello tentou usalo no traballo e durante voos longos, pero só conseguiu miradas estrañas e ser ignorado polas azafatas. Vendeuno por 1.900 dólares, moi por debaixo do prezo inicial.
AÃnda que Apple non revelou cantas unidades vendeu, informes sinalan a dificultade para atraer desenvolvedores que creen aplicacións para o dispositivo. A ilusión do lanzamento esvaeceuse co paso dos meses.
Só algúns, como o youtubeiro israelà Yam Olisker, seguen defendendo o produto. Comprouno o primeiro dÃa, coñeceu a Tim Cook e conseguiu que lle asinara a caixa. Usa o visor para ver filmes 3D mentres está deitado, evitando asà o problema do peso. AÃnda asÃ, admite que o utiliza moito menos do esperado.
En resumo, o Vision Pro deixou tras de si unha mestura de frustración, entusiasmo contido e a sensación xeneralizada de que chegou antes de tempo, confiando moitos en que o produto poida atopar o seu lugar cando se venda a un prezo máis accesible.
