Apple abandona o proxecto de creación dun coche eléctrico
martes, 27 de febreiro do 2024
Levamos moitos anos escoitando rumores sobre o desenvolvemento dun coche eléctrico por parte de Apple, con momentos nos que a compañÃa de Cupertino facÃa grandes investimentos, outros nos que o talento contratado deixaba a compañÃa, e volta empezar, dando a entender que entrar nese sector non resultaba nada doado, pero desta volta, segundo comenta Mark Gurman para Bloomberg, poderÃa ser o abandono definitivo do proxecto.
Aseguran que Jeff Williams e Kevi Lynch, os directivos responsables do proxecto, terÃan comunicado aos preto de 2.000 traballadores involucrados no proxecto o seu abandono, asegurando incluso que boa parte dos empregados serÃa reasignados á división de intelixencia artificial, comandada por John Giannandrea, para traballar en proxectos de IA xenerativa, a nova prioridade da compañÃa.
Sorprende o momento escollido para facer pública a nova situación, pois estes dÃas o Xiaomi SU7 está a ser unha das grandes estrelas no Mobile World Congress de Barcelona, vehÃculo eléctrico co que o fabricante chinés demostrou a súa forza ao ser quen de producir o seu primeiro coche en pouco máis dun milleiro de dÃas dende o comezo dunha das súas máis prometedoras divisións.
VÃdeo promocional do Xiaomi SU7