Apple acelera a carreira pola sucesión de Tim Cook
luns, 17 de novembro do 2025
Apple iniciou unha nova etapa na súa planificación interna ao intensificar os preparativos para a sucesión de Tim Cook, que poderÃa deixar o posto de conselleiro delegado xa o próximo ano. Segundo fontes coñecedoras das deliberacións do consello de administración e da alta dirección (consultadas polo Financial Times), a compañÃa considera que o momento é propicio para activar a remuda leva preparando desde hai tempo, coincidindo cun dos perÃodos de maior estabilidade financeira da empresa.
O nome que soa con máis forza é o de John Ternus, vicepresidente sénior de enxeñarÃa de hardware, que conta cun amplo respaldo interno e é visto como o candidato natural para tomar o mando. Con todo, non hai decisións pechadas e o calendario poderÃa variar, segundo apuntan as mesmas fontes. A transición non estarÃa ligada ao rendemento recente da compañÃa, que afronta un fin de ano previsiblemente moi forte nas vendas do iPhone.
Apple, que evitou facer comentarios, non prevé anunciar un novo conselleiro delegado antes da presentación de resultados de finais de xaneiro, correspondente á tempada de Nadal. Unha comunicación a comezos de ano permitirÃa ao novo equipo directivo adaptarse con tempo suficiente de cara aos eventos clave: a conferencia para desenvolvedores de xuño e o tradicional lanzamento do iPhone en setembro.
Tim Cook, que vén de cumprir 65 anos, asumiu o liderado de Apple en 2011 tras a marcha de Steve Jobs, e desde entón guiou a compañÃa ata converterse nun xigante valorado en arredor de catro billóns de dólares. A pesar de que as accións da empresa se moven preto de máximos históricos, ao longo do presente ano tivo momentos nos que quedou por detrás de Alphabet, nVIDIA e Microsoft, impulsadas pola euforia arredor da intelixencia artificial.
O grupo vive tamén un tempo de renovación interna. Luca Maestri, director financeiro e colaborador moi próximo a Cook, deixou o seu cargo a comezos deste ano, mentres que Jeff Williams, director de operacións e un dos seus protexidos, anunciou a súa saÃda en xullo. A elección de Ternus situarÃa de novo un perfil ligado ao hardware ao fronte da empresa nun momento no que Apple busca abrir novas categorÃas de produto e recuperar peso fronte a rivais que avanzan con rapidez na IA.
Cook expresou en varias ocasións a súa preferencia por unha remuda interna e asegurou que Apple conta con «plans de sucesión moi detallados». Tamén deixou claro o seu compromiso coa compañÃa: «Encántame estar aà e non me imaxino a miña vida sen iso, asà que seguirei durante un tempo», afirmou en novembro de 2023 nunha conversa coa cantante Dua Lipa.
Conversa de Tim Cook coa cantante Dua Lipa
