Apple amosa as novidades que recibirán os seus sistemas operativos no outono
luns, 9 de xuño do 2025
No marco da súa conferencia anual para desenvolvedores WWDC 2025 Apple presentou unha profunda renovación do ecosistema de software que sustenta os seus dispositivos, dende o iPhone ata o Apple Vision Pro. As novas versións dos sistemas operativos —iOS 26, iPadOS 26, macOS Tahoe 26, watchOS 26, visionOS 26 e tvOS 26— comparten por primeira vez número de versión e un deseño común coñecido como Liquid Glass, que introduce elementos translúcidos e dinámicos que se adaptan ao contido e ao contexto de uso.
Este redeseño afecta a todos os aspectos visuais e funcionais do sistema: iconas, barras de navegación, widgets ou o Centro de Control, e busca unha experiencia máis viva, expresiva e personalizada sen perder a identidade tradicional das plataformas de Apple. O cambio visual vén acompañado dunha profunda integración de Apple Intelligence, o sistema de intelixencia artificial privada da compañÃa, que amplÃa as súas capacidades e chegan a moitas máis aplicacións e dispositivos. As novidades presentadas están dispoñibles desde hoxe para desenvolvedores e chegarán ao público en forma de actualizacións gratuÃtas no outono.
Apple Intelligence, agora accesible e máis omnipresente
A IA de Apple expándese agora con novas funcións como a tradución en tempo real en Mensaxes, FaceTime e chamadas telefónicas (en inglés, francés, alemán, portugués do Brasil e español), asà como a capacidade de comprender e actuar sobre o que o usuario ve na pantalla mediante a nova intelixencia visual. Tamén se reforzan ferramentas como Genmoji, Image Playground ou as Respostas intelixentes, que permiten crear imaxes, textos ou reaccións personalizadas con só describilas.
Co novo marco Foundation Models, os desenvolvedores poden acceder directamente ao modelo de linguaxe local dispoñible no dispositivo para integrar Apple Intelligence nas súas propias aplicacións, sen depender da nube e mantendo os datos do usuario sempre privados.
iOS 26: deseño refinado e novas opcións de comunicación
O iPhone recibirá en outono iOS 26, cun novo aspecto máis fluÃdo, personalización das iconas e widgets, unha pantalla de bloqueo que adapta o reloxo ao fondo e novas experiencias en aplicacións como Cámara, Safari ou Música. A aplicación Mensaxes incorpora fondos personalizados, opción de crear enquisas e un filtro automático de remitentes descoñecidos.
Na aplicación Teléfono, destacan dúas novas funcións: Call Screening ou Caixa de Voz en Vivo, que permite filtrar chamadas recollendo a intención do interlocutor antes de que o usuario conteste, e Hold Assist, que detecta automaticamente cando un axente humano está dispoñible nunha chamada en espera.
iPadOS 26: multitarefa avanzada e ferramentas profesionais
O iPad da un paso adiante en produtividade con iPadOS 26, que incorpora un novo sistema de xestión de fiestras máis potente e intuitivo, un menú contextual superior en aplicacións, e compatibilidade plena con pantallas externas. A aplicación Ficheiros permite agora personalizar cartafoles con iconas ou cores, e a Vista Previa chega á tableta para edición e anotación de documentos en formato PDF.
O sistema tamén se abre a novos fluxos de traballo creativos con tarefas en segundo plano, control detallado da entrada de audio e gravacións locais de calidade profesional, todo iso beneficiándose da potencia dos chips Apple Silicon.
macOS Tahoe 26: produtividade aumentada con Spotlight e integración con iPhone
O novo sistema operativo para Mac, macOS Tahoe 26, destaca pola renovación estética coa incorporación de Liquid Glass en barras, iconas e o escritorio, e pola chegada da aplicación Teléfono ao escritorio grazas a Continuity. Live Activities tamén se integra na barra de menú para seguir eventos en tempo real dende o iPhone.
A gran revolución chega a Spotlight, que agora permite realizar accións directamente sen cambiar de aplicación, buscar en servizos de terceiros e aprender do comportamento do usuario para suxerir accesos rápidos.
watchOS 26: máis persoal, máis intelixente
O Apple Watch gaña expresividade visual co novo deseño e funcionalidades como Grupo Intelixente, que suxire accións en función do contexto do usuario, ou xestos manuais como o movemento da boneca para silenciar notificacións. A estrela é Workout Buddy, un asistente de exercicio xerado por IA que ofrece motivación personalizada en tempo real.
Mensaxes tamén se reforza con traducións automáticas e respostas intelixentes máis contextuais, e a nova aplicación Notas permite crear ou consultar notas directamente no reloxo.
visionOS 26: experiencias espaciais máis inmersivas
O Apple Vision Pro estreará con visionOS 26 widgets espaciais que se fixan no contorno do usuario, melloras nas representacións persoais (Personas) e novas escenas fotográficas xeradas por IA que engaden profundidade realista ás imaxes. O sistema tamén permite compartir experiencias espaciais entre varios usuarios na mesma sala e incorpora compatibilidade cos mandos de PlayStation VR2 para xogos máis inmersivos.
tvOS 26: deseño refinado e mellora na interacción
Na televisión, tvOS 26 trae a estética Liquid Glass á pantalla grande, mellora a organización dos perfÃs, simplifica os inicios de sesión e converte o iPhone nun micrófono para sesións de karaoke con Canta en Apple Music. A experiencia de FaceTime tamén se enriquece con pósters de contacto e subtÃtulos en tempo real en máis idiomas.
VÃdeo inaugural da WWDC
