Apple comercializa unha correa para os seus reloxos para celebrar o Orgullo LGTBQ+
luns, 4 de maio do 2026
Apple deu a coñecer a súa nova colección Orgullo, de cara ao mes do Orgullo, unha proposta que inclúe unha correa Loop deportiva para Apple Watch, unha esfera especÃfica e novos fondos de pantalla para iPhone e iPad. A iniciativa acompáñase do compromiso da empresa de Cupertino de continuar apoiando economicamente organizacións que traballan coas comunidades LGTBQ+ en todo o mundo, algo que parecÃan ter deixado de lado para evitar enfrontamentos coa Administración Trump.
A nova correa Loop deportiva Edición Orgullo está elaborada a partir de once cores de fÃos de nailon entrelazados, creando un patrón ondulado que combina tons de maneira progresiva para achegar sensación de profundidade e movemento. O deseño resultante aposta por unha estética vibrante e diversa que pretende reflectir a pluralidade de identidades presentes na comunidade LGTBQ+.
A esfera asociada, denominada Pride Luminance, introduce un comportamento dinámico da cor, cun efecto de refracción que varÃa en función do paso do tempo. Preséntase en dous estilos xeométricos diferenciados: un radial, no que as seccións de cor se aliñan coas marcas horarias e converxen no centro, e outro vertical, baseado en franxas multicolor con degradados. Ambos permiten personalización adicional, facilitando a adaptación a diferentes bandeiras do Orgullo ou combinacións cromáticas escollidas polo usuario.
Os fondos de pantalla para iPhone e iPad seguen a mesma liña estética, cun deseño dinámico e cores configurables que manteñen a coherencia visual co resto da colección.
A correa está dispoñible para reserva cun prezo de 49 euros e chegará ás tendas fÃsicas ao longo da semana, en tamaños de 40, 42 e 46 milÃmetros, compatibles con distintos modelos do reloxo.
A esfera Pride Luminance e os fondos de pantalla estarán dispoñibles mediante actualización de software en watchOS 26.5, iOS 26.5 e iPadOS 26.5, momento a partir do cal poderán descargarse desde as galerÃas correspondentes dos dispositivos.
