Apple comercializará protectores de goma para o iPhone 4

martes, 8 de xuño do 2010 Marcus Fernández

O anuncio do iPhone 4 durante a WWDC concretouse nunha pequena sorpresa na páxina web de Apple, na que aparecía non só o novo móbil da compañía, senón un tipo de accesorio chamado Bumper e que sería un protector de plástico e goma que se situaría ao redor do móbil e que, aparte de evitar a súa rotura nunha caída, tamén dálle un toque de cor (véndense en branco, negro, azul, verde, laranxa e rosa).
O máis curioso do lanzamento dos Bumpers é o feito de que Apple continúa a avanzar no negocio dos accesorios, que parece ser unha importante fonte de ingresos para a compañía, estamos ante engadidos opcionais aos que habitualmente incorpórase un significativo sobrecusto, aínda que sempre será posible facerse con produtos alternativos da competencia (que en moitos casos desenvolve os accesorios baixo licenza de Apple).

PUBLICIDADE