Apple descataloga o iPod classic
mércores, 10 de setembro do 2014
Tras as grandes
presentacións de Apple na xornada de onte, houbo un detalle que puido pasar
desapercibido para moitos unha vez que se actualizou a páxina web do fabricante
norteamericano, como foi a desaparición dun dos seus produtos emblemáticos da familia iPod: o iPod classic.
Non é ningún segredo que as vendas dos reprodutores multimedia portátiles
caeron estrepitosamente coa emerxencia dos smartphones, de xeito que a familia
iPod cada dÃa tiña menos peso na carteira de produtos de Apple, dominada
actualmente polo iPhone e o iPad, de aà que a desaparición dun produto que
levaba anos sen actualizar como o iPod classic era só cuestión de tempo, e, a
partires de agora, xa non se venderá oficialmente por parte de Apple, de xeito
que só quedan unhas poucas unidades en circulación á
venda por 269 euros no modelo de reprodutor cunha capacidade de 160 Gb.
Coa descatalogación do iPod classic a familia de reprodutores iPod limita a súa
capacidade de almacenamento a un máximo de 64 Gb do iPod touch de maior capacidade,
respondendo a unha tendencia de mercado, na que os servizos de música en streaming fan que a acumulación de
álbums nun reprodutor careza de sentido, aÃnda que non serÃa de sorprender que
moitos nostálxicos corran agora para facerse cun dos derradeiros iPod classic
que queden en existencia para poder alongar a súa experiencia de uso o máximo
posible.
- O iPod classic leva anos na carteira de produtos de Apple sen mellorar prestacións nin mudar de deseño