Apple é a marca de ordenadores máis valorada polos consumidores
xoves, 27 de setembro do 2007
Un estudo realizado pola Organización de Consumidores e Usuarios en colaboración coas organizacións de consumidores do Grupo Euroconsumers de Italia, Portugal e Béxica entre máis de 4.000 usuarios de ordenadores confirma
a Apple como a marca máis valorada en equipos portátiles e sobremesa.
Resulta curioso que fóra da primeira posición da análise da OCU, as marcas que destacan en sobremesa e portátiles son moi dispares, de xeito que Sony, Asus, Toshiba e Packard Bell seguen a Apple en popularidade nos portátiles, non coincidindo coas marcas mellor valoradas en equipos de sobremesa, que serÃa, despois da empresa de Cupertino, Apple, Fujitsu-Siemens, PC Box, Medion e Dell.