Apple estrea funda con batería para os últimos iPhone

mércores, 16 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

Aínda que os últimos iPhone teñen unha autonomía moi superior que os de certos anos pasados, moitos usuarios seguen a precisar unha maior capacidade de batería, principalmente por ter que estar tempos prolongados lonxe dunha toma de corrente na que poder cargar o seu dispositivos móbiles, para o que podemos optar por usar baterías externas ou incluso unha solución máis portátil: fundas con batería integrada.
Dende hai anos Apple comercializa fundas con batería para os seus móbiles que, pese a ser claramente antiestéticas, son bastante demandadas, e finalmente temos os modelos para o iPhone Xs, iPhone Xs Max e iPhone Xr, que véndense a 149 euros, e que non só permiten incrementar a autonomía para poder, por exemplo, navegar pola web até 20-22 horas máis, senón que a carga das mesmas tamén pode realizarse mediante cable e incluso mediante carga indutiva (Qi).
Un interesante accesorio para smartphones sempre que os seus usuarios non teñan complexos por usar un teléfono con chepa.

JPEG - 107.2 KB
Pese á grande autonomía do iPhone Xr, este móbil tamén conta con funda-batería

PUBLICIDADE