Apple estrea un adaptador que permite cargar o iPhone por micro USB

mércores, 5 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Cando distintos fabricantes de teléfonos móbiles concordaron un conector único para os seus terminais, de xeito que así poderían distribuírse os móbiles sen adaptador de corrente (eliminando refugallos electrónicos), sorprendía ver como Apple figuraba na listaxe de compañías que apostaba polo micro USB, pois ata o momento empregaba un tipo de conexión específica para iPod, pero parece que están a avanzar en tal dirección xa que na súa tenda en liña británica apareceu un adaptador oficial para o conector do iPhone que permitiría cargar o móbil dende un cable micro USB (o que serviría para os novos cargadores europeos ou mesmo para un porto USB de ordenador).
Esta solución permitiría que Apple non tivese que redeseñar o seu móbil en Europa, nin ter que reconverter os accesorios para os seus terminais, xa que mantería o seu conector á vez que non se pecharía ao estándar de carga europeo.

PUBLICIDADE