Apple estrea unha aplicación para organizar xuntanzas
martes, 4 de febreiro do 2025
Apple presentou hoxe Apple Invitaciones, unha nova aplicación para iPhone que axuda os usuarios a crear invitacións personalizadas para reunir amigos e familia en calquera ocasión. Con Apple Invitaciones, os usuarios poden crear e compartir facilmente invitacións, confirmar asistencia, contribuír a Álbums Compartidos e interactuar con listaxes de reprodución de Apple Music.
A partir de hoxe, os usuarios poden descargar Apple Invitaciones desde a App Store ou acceder ao servizo na súa versión web. Os subscritores de iCloud+ poden crear invitacións, e calquera persoa pode confirmar asistencia, independentemente de se ten unha conta ou un dispositivo de Apple.
Para comezar con Apple Invitaciones, os usuarios poden escoller unha imaxe para o convite, que acompañarase coa información de localización (Mapas) e da previsión meteorolóxica, facilitando así a planificación da asistencia á cita.
Os participantes poden contribuír facilmente con fotos e vídeos a un Álbum Compartido dedicado dentro de cada invitación, axudando a preservar recordos e revivir o evento. As listaxes de reprodución colaborativas permiten que os subscritores de Apple Music creen unha banda sonora personalizada para o evento, á que os invitados poden acceder directamente desde Apple Invitaciones.