Apple permitirá ver partidos da NBA de xeito inmersivo
venres, 10 de outubro do 2025
Mentres agardamos á chegada de Apple Vision Pro a España (que posiblemente chegue coa vindeira revisión do produto), a compañÃa de Cupertino comeza a corrixir a súa principal eiva despois do seu prezo elevado, a carencia de contidos, anunciando que os afeccionados ao baloncesto poderán gozar moi pronto dunha experiencia sen precedentes coa chegada dos partidos da NBA en Apple Immersive a Apple Vision Pro, grazas a Spectrum SportsNet.
Durante a tempada 2025-26, unha selección de encontros en directo de Los Angeles Lakers permitirá vivir a emoción do xogo coma se se estivese a pé de pista, con perspectivas imposibles de captar nas retransmisións tradicionais.
O calendario completo darase a coñecer este outono e o primeiro encontro retransmitirase a comezos do próximo ano a través da nova aplicación Spectrum SportsNet para Vision Pro. Ademais dos partidos en directo dispoñibles para os afeccionados situados na área de emisión rexional dos Lakers (que abrangue o sur de California, Hawai e parte do sur de Nevada, incluÃndo Las Vegas), tamén se poderán ver repeticións completas e resumos en Apple Vision Pro, tanto na aplicación SportsNet coma na da NBA, en determinados paÃses e rexións.
Estas emisións en directo gravaranse coa nova cámara URSA Cine Immersive Live de Blackmagic Design, unha versión adaptada do modelo presentado a comezos deste ano para captar contidos en Apple Immersive, e que estará dispoñible para a súa compra o vindeiro ano.
Apple Immersive permite aos espectadores vivir as historias coma se formasen parte delas, desde documentais Ãntimos e eventos deportivos innovadores ata producións musicais e viaxes. Os usuarios de Apple Vision Pro poden acceder a un catálogo en constante crecemento de series e filmes orixinais en Apple Immersive, como Adventure, Metallica, VIP: Yankee Stadium e a nova produción Tour De Force, de Canal+ e MotoGP. Nos vindeiros meses engadiranse novas pelÃculas do equipo de F1 de Audi, de Red Bull e doutras produtoras e marcas internacionais.
Asà mesmo, os usuarios de Apple Vision Pro poden ver as retransmisións tradicionais en directo ou baixo demanda a través das aplicacións Spectrum TV e NBA. A app da NBA para Vision Pro ofrece funcións avanzadas para subscritores de NBA League Pass, como estatÃsticas en tempo real, multivisión con ata cinco partidos en 2D simultáneos e visualización dos movementos dos xogadores nun campo en 3D grazas ao modo tabletop en encontros seleccionados.
