Apple prepara unha correa magnética para o iPhone e os AirPods Pro 3
venres, 29 de agosto do 2025
De cara ao lanzamento dos novos teléfonos de Apple non cesan as filtracións non só sobre os novos modelos de iPhone, senón tamén sobre accesorios como as fundas tipo bumper (popularizados tras o Antennagate do iPhone 4) ou as fundas que collerán a remuda das de trenzado fino que (deixaron de comercializarse pola súa mala calidade), aos que agora se une a Crossbody Strap, unha correa de deseño minimalista que aposta por un sistema magnético inédito na compañÃa e que promete combinar comodidade e estilo.
Segundo informacións procedentes da cadea de produción, a Crossbody Strap xa estarÃa a fabricarse masivamente, e a súa principal innovación serÃa o seu mecanismo magnético: integrarÃa un núcleo metálico flexible que a fai magnética en toda a súa lonxitude, mentres que nos extremos uns aneis con polaridade oposta reforzarÃan a suxeición. Este sistema permitirÃa acoplar ou retirar a correa das fundas do iPhone 17 sen necesidade de ganchos nin presillas, ofrecendo unha experiencia máis sinxela e práctica.
Os primeiros prototipos amósanse en nailon, suxerindo as filtracións que tamén poderÃa existir unha variante en silicona, pensada para quen busque un acabado máis suave e flexible.
AÃnda que estas correas estarÃan pensadas para o iPhone, o accesorio tamén poderÃa ter compatibilidade cos AirPods Pro 3, ampliando asà as opcións de uso dentro do ecosistema Apple. A compañÃa ofrecerÃa, ademais, varias cores e estilos para que cada usuario poida personalizar a súa experiencia.
