Apple poderÃa integrar a IA de Google no vindeiro iPhone
luns, 18 de marzo do 2024
A primeiros de ano Samsung revolucionou o mercado co lanzamento dos novos Galaxy S24 integrando intelixencia artificial, nunha combinación de funcións de IA que corren en local (como a tradución de texto e voz) con outras que corren en liña (como as buscas na web e a edición fotográfica), e agora dende Bloomberg insinúan que Apple poderÃa seguir o mesmo camiño co iPhone 16, pois estarÃa en negociacións con Google para integración de Gemini nos seus dispositivos.
Actualmente as compañÃas estarÃan en negociacións activas, que non terÃan por que concretarse (pois aseguran que tamén están conversando con OpenAI para empregar os seus modelos de IA), aÃnda que o acordo con Google poderÃa ser relativamente doado, xa que poderÃa incorporarse dentro da alianza que ambas compañÃas teñen de cara ás buscas na web (Google paga a Apple milleiros de millóns de dólares ao ano para que Google sexa o buscador web predeterminado nos seus produtos).
Cómpre salientar que o actual acordo entre Google e Apple está baixo a lupa dos reguladores en varios territorios, que consideran que pode ser unha práctica que atenta á competencia. Non parece que iso vaia ser un obstáculo para as negociacións actuais, sendo bastante probable que Apple, pese a estar a desenvolver un modelo de IA propio, opte por integrar este tipo de tecnoloxÃa en iOS da man dalgún socio para estrearse dignamente, e non cun produto con moitos meses por diante para pórse á altura da competencia.